O PP solicita a renovación dos pavimentos de caucho de varios parques infantís de Lugo

por Redacción Lugo

“Seguimos recibindo ao través do servizo de whatsapp de 618 626 902 peticións da veciñanza, desta volta reclaman melloras no mantemento de zonas de xogo para a cativada en Avenida de Magoi, Aquilino Iglesias Alvariño, Praza de Alacante e Paseo dos Estudantes”

No vindeiro pleno presentaremos un rogo no que solicitamos a renovación do pavimento de caucho dos parques infantís da cidade xa que en moitos deles o pavimento, que tería que ser continuo, presenta fendas de varios centímetros de profundidade que poñen en risco a seguridade da rapazada

Zonas afectadas

Os vecinos nos manifestron que zonas de xogo como a do Parque Marcos Cela, ou Aquilino Iglesias Alvariño están en moi mal estado.

Tamén na Praza de Alicante están molestos porque como consecuencia das obras deste espazo retiraron a zona de xogos prometéndolles un novo parque. Pasaron meses dende que se repavimentou a praza e seguen sen novas do parque infantil que comprometeron.

Outro punto no que solicitan a reparación do peche do recinto de xogos é no parque que está nas inmediacións da Escola Ramón Falcón. Asemesmo hai varias demandas de usuarios relativas a arranxar a zona de Campo Castelo, pero neste caso xa está licitado o proxecto de mellora co que as obras deberían estar a punto de comezar.

Todas estas peticións chegaron ao Grupo Popular a través do servizo de 618 626 902 e tal e como nos comprometemos daremos traslado ao goberno local das demandas veciñais co ánimo de que se resolvan da forma máis áxil posible.

A concelleira popular Mar Carballas lamenta a falta de previsión, por parte do goberno local, co mantemento deste tipo de infraestruturas  que cando teñen máis uso é durante o verán “é un fallo que non fixeran unha revisión previa para ter estes espazos, a estas alturas en bo estado de revista”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario