Paiosaco Veteranos, campión da 36ª edición do Torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol

por Redacción Deportes

Venceron na final a Sporting Laracha por 1-0

Paiosaco Veteranos proclamouse campión da 36ª edición do Campionato de Peñas de Fútbol “Concello da Laracha” tras vencer na final por 1-0 a Sporting Laracha no encontro disputado o pasado sábado no Campo Municipal da Laracha.

A primeira metade foi moi igualada, cos dos conxuntos mostrándose sólidos en defensa e sen crear ocasións claras de gol.

O marcador estrearíase ao comezo da segunda metade, cando Bruno finalizou con acerto un pase de “Papá” para facer o único tanto do encontro.

Coa obriga de buscar o empate, Sporting Laracha arriscou na última media hora e xerou perigo principalmente con balóns colgados á área. Mesmo celebraron un tanto de Lou de cabeza que foi anulado por fóra de xogo.

Nos últimos minutos Paiosaco Veteranos, aproveitando o cansazo de Sporting Laracha, tamén puido pechar o partido ao contraataque con outro gol invalidado polo colexiado e un man a man que Rama non foi quen de materializar.

Os trofeos foron entregados polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello.

Ficha Técnica:

PAIOSACO VETERANOS:

Equipo inicial: Edu; Diego, Breo, Yoryo, Cabezas; Bruno, Otero, Cachi; Rama, Jorge e Dani.

Tamén xogaron: O Muro, David, Chucho “Papá”, Richo, Manu, Bosquis e Killo.

Adestradores: Kasul e Chicho.

SPORTING LARACHA:

Equipo inicial: Michael; Borrallo, Óscar, Pichín, Cantudo; Lou, Jaime, Serrano, Raúl, Josecho; Germán.

Tamén xogaron: Oswaldo, Fran, Rober, Eloy, Pardi, Diego, Pedro, Pistas, Santi e Carlos.

Adestrador: Tonio dos Muíños.

Gol. 1-0 (Bruno, minuto 58)

 /> <img data-lazyloaded=

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario