A xeración renovábel recuperouse con respecto a 2022 mais non avanza. A potencia eléctrica renovábel instalada non creceu nada, agás o autoconsumo
Segundo os datos divulgados por Rede Eléctrica de España (REE), a xeración eléctrica renovábel en Galicia aumentou o 43% no primeiro semestre de 2023 con respecto a 2022, debido sobre todo á recuperación da produción hidroeléctrica. Sen embargo, tan só creceu o 3% con respecto á produción media durante os seis primeiros meses do ano rexistrada no período 2018-2022.
Malia o cativo aumento da produción eléctrica renovábel, o seu peso no total da electricidade producida na nosa terra subiu en relación á media dos cinco anos anteriores para situarse no 75,5% no primeiro semestre de 2023. Unha cifra lonxe do obxectivo do 100% para 2030, o máis aliñado co Acordo de París contra o cambio climático, mais tamén inferior aos obxectivos para o mesmo ano da Xunta (84,8%) e do Goberno estatal (81% de media en España no borrador de actualización do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima).
Fontes |
1º semestre 2022 |
1º semestre 2018-2022 |
1º semestre 2023 |
|||
MWh |
% total |
MWh |
% total |
MWh |
% total |
|
Hidráulica |
1.965.448 |
19,1 |
4.316.853 |
33,0 |
4.367.201 |
35,4 |
Eólica |
4.199.262 |
40,8 |
4.489.613 |
34,3 |
4.773.910 |
38,6 |
Solar fotovoltaica |
11.613 |
0,1 |
10.679 |
0,1 |
11.968 |
0,1 |
Biomasa e biogás |
292.125 |
2,8 |
199.656 |
1,5 |
173.655 |
1,4 |
Xeración renovábel |
6.468.447 |
62,8 |
9.016.801 |
68,9 |
9.326.735 |
75,5 |
Turbinación bombeo |
34.953 |
0,3 |
26.317 |
0,2 |
88.129 |
0,7 |
Ciclos combinados (gas fósil) |
1.965.843 |
19,1 |
1.123.371 |
8,6 |
1.891.014 |
15,3 |
Carbón |
652.831 |
6,3 |
1.619.928 |
12,4 |
281.394 |
2,3 |
Coxeración (gas fósil, gasóleo, fuel) |
1.004.051 |
9,7 |
1.130.713 |
8,6 |
626.868 |
5,1 |
Residuos |
175.639 |
1,7 |
164.005 |
1,3 |
139.495 |
1,1 |
Xeración non renovábel |
3.833.317 |
37,2 |
4.064.333 |
31,1 |
3.026.900 |
24,5 |
Total |
10.301.764 |
100 |
13.081.135 |
100 |
12.353.635 |
100,0 |
De acordo cos datos de REE, a potencia renovábel instalada en Galicia medrou tan só 2,4 MW (+0,03%) durante os seis primeiros meses de 2023. Nesta cifra non se inclúe o autoconsumo solar fotovoltaico, que está a experimentar un bum, mais que aínda así só terá achegado unhas decenas de MW máis á capacidade galega de produción eléctrica no que levamos de 2023.
A participación das fontes renovábeis na xeración eléctrica no primeiro semestre de 2023 aumentou en 6,6 puntos con respecto ao mesmo período de 2018-2022 por causa principalmente do descenso da produción das centrais térmicas de carbón de Meirama (pechada en 2020) e As Pontes. Tamén influíu a baixada da achega das centrais de coxeración con gas fósil e produtos petrolíferos, utilizadas por algunhas das maiores industrias galegas para se autoabasteceren de electricidade e calor.
Debido ao lento avance da transición eléctrica que se arrastra desde a década de 2010, as centrais de ciclo combinado a gas fósil de Sabón (Naturgy) e As Pontes (Endesa) están a cubrir grande parte do oco deixado polas centrais de carbón e de coxeración. A produción das centrais de gas aumentou o 68% no primeiro semestre de 2023 con respecto ao mesmo período de 2018-2022 e tan só baixou un 4% en comparación con 2022.
As centrais de gas fósil chegaron a ser a principal fonte de electricidade en Galicia durante o mes de xuño, debido a unha acusada baixada da xeración eólica, atinxindo o 35,6 % da produción total. Até o mes pasado só lideraran a produción eléctrica mensual no noso país en xuño e agosto de 2019 (cando menos desde xaneiro de 2013). Estas centrais son abastecidas a través de regasificadora de Reganosa, da que a Xunta é copropietaria.
2023 podería ser o ano do fin da central de carbón das Pontes se se confirmar o seu peche no vindeiro setembro, que o Ministerio para a Transición Ecolóxica foi atrasando de forma inxustificada desde que Endesa o solicitou xa en decembro de 2019. No primeiro semestre de 2023 esta central só achegou o 2,3% da electricidade xerada en Galicia e a súa produción baixou o 83% con respecto á media para o mesmo período en 2018-2022. Con todo, será suficiente para colocala entre as maiores industrias emisoras de gases de invernadoiro en Galicia durante 2023.
Os datos sobre a produción eléctrica en Galicia no que levamos de ano confirman a tendencia dos últimos anos a un certo estancamento das renovábeis e a un alarmante protagonismo do gas fósil, o que unido á falta de avances na electrificación do consumo de enerxía e no almacenamento de electricidade, lastra a loita contra a crise climática global desde Galicia.
A xuízo do Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI), é preciso duplicar como mínimo a potencia eléctrica renovábel e a electrificación da demanda enerxética no que resta de década, así como pechar a central de carbón das Pontes en 2023 e as centrais de ciclo combinado a gas fósil antes de 2030.
Foto portada: Imagen de bearfotos en Freepik