CCOO Hábitat consegue a transformación a indefinidos de 40 contratos fixos descontinuos, da limpeza do CHUAC

por Redacción A Coruña

CCOO Hábitat foi o único sindicato que denuncio a empresa ACCIONA para facer valer a reforma laboral. UGT, USO, CIG E STL avalaron en reunión de comité de empresa a utilización dos contratos fixos descontinuos, CCOO situouse radicalmente en contra, agora a INSPECCIÓN DE TRABALLO dá a razón a CCOO.

 ALBERTO ZAS POMBO e JOSÉ RAMÓN LÓPEZ BAZÁN, son os dous delegados que loitaron máis dun ano,(a demanda foi interposta no verán do 2022, para defender os dereitos das súas compañeiras.)

Os dous sindicalistas cren que a empresa fixo unha clara discriminación por razón de xénero, xa que 37 dos 40 contratos foron realizados a mulleres. «A limpeza hospitalaria en xeral e Acciona en particular discrimina ás mulleres a través da parcialidade, tivémolo claro desde o primeiro momento, non iamos a permitir un abuso tan claro, e moito menos ser cómplices poñéndonos á beira da empresa ou poñéndonos de perfil como o resto de centrais sindicais.»

A empresa Acciona trasladou ao Comité de empresa o 27 de Abril do 2022 a súa intención de contratar ao persoal que venia prestando servizos dende facía anos baixo a modalidade de fixos descontinuos, aínda que a CIG, UXT,USO e STL non se opuxeron á devandita modalidade de contratación, CCOO xa comunico que non se ía a permitir a precariedade por mais tempo na limpeza hospitalaria.

Alejandra Gesto Secretaria Xeral de CCOO Hábitat Galicia recorda que: «Mais dun ano tivemos que esperar o resultado». » Estamos moi satisfeitas porque somos a Central Sindical minoritaria, pero iso non nós quita as ganas de defender con contundencia a persoal», afirma para engadir que:»Nunca se entendeu por parte de CCOO Hábitat Galicia como o Sergas permitía a fraude de lei mirando cara a outro lado».

CCOO anuncia demandas en todos os hospitais de Galicia. «a reforma Laboral fíxose para cumprira, o Sergas non pode permitir incumprimentos laborais de semellante calado e non pronunciarse, imos meter a resolución por rexistro á mesa de contratación do Sergas, solicitando a consecuente sanción a Acciona, xa está ben de abusos na contratación pública», din dende a Federación do Habitat.

Resulta moi rechamante que en ningún programa electoral este en axenda a reforma da lei de Contratación Pública, algo fundamental, a estas alturas xa sabemos que ten múltiples defectos e todos eles en contra da clase traballadora.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario