Javier Arias: “O PSOE soe criticar o que fan habitualmente os seus cargos institucionais”

por Redacción Lugo

Pero é que ademais neste caso tratase dun acto propio organizado por Galicia Calidade no que se outorgaba un certificado de calidade a unha empresa.

O Delegado da Xunta, Javier Arias sinalou que na Xunta xa estamos acostumados ás faltas de respecto institucional da Deputación de Lugo e algúns concellos socialistas, no que se dá gran protagonismo aos seus candidatos, relegando ou non invitando a cargos da Xunta así como a outros alcaldes do Partido Popular nos seus propios concellos.

Arias tamén recordou que foron varias as visitas a concellos socialistas que estando convidados os seus alcaldes non apareceron no acto. «Ao tempo que o PSOE critica ao delegado da Xunta utiliza a Deputación e concellos socialistas como plataforma electoral» afirmou.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario