Recortes Cero reclaman a Botín e Goirigolzarri que faga públicas as contas do rescate

por Redacción Nacional

Hoxe mércores 19 de xullo, as candidatas de Recortes Cero nas principais capitais do país, acoden ás sedes dos principais bancos, Santander, BBVA, Caixabank, Sabadell… para reclamar “a devolución do que é noso”

Durante a crise as caixas de aforros foron rescatadas con diñeiro público. Máis de 75 mil millóns para sanear as súas contas, e unha vez feito a banca privada comprounas a prezo de saldo. Por exemplo, CaixaBank comprou o Banco de Valencia por 1€. Pero tamén se deron compras, que Recortes Cero cualifica de “oportuno agasallo” como a do Banco Popular por parte do Banco Santander.

“Agora esiximos que as contas sexan públicas e a devolución, tanto do diñeiro público como dos intereses que corresponden polos beneficios obtidos con compras a prezos inxustificados”, asegura Nuria Suárez, a candidata á Presidencia de Recortes Cero, “non temos a menor dúbida de que se Ana Patricia Botín fai un xesto de transparencia e responsabilidade social, facendo públicas as contas da adquisición dunha entidade pública como o Banco Popular, poderemos entender unha parte dos beneficios que obtiveron posteriormente”.

Recortes Cero defenderán no Congreso e o Senado unha lei para que a banca devolva o diñeiro do rescate bancario e faga públicas as contas das operacións de adquisición das entidades adquiridas.

“Mentres se negocia en Bruxelas como e en que medida aplicar os novos recortes que xa se asinaron, Recortes Cero chamamos á banca para devolver o diñeiro público para con el impulsar un proceso de reindustrialización e o crecemento do país, sen endebedarnos, senón máis ben creando un motor económico capaz de xerar nova riqueza que diminúa a débeda e impida os recortes”. Desta maneira defende Recortes Cero que se pode redistribuír a riqueza para “impulsar un desenvolvemento independente, ao servizo do país cun plan de reindustrialización”.

Nuria Suárez defende que “España non pode ser un país de camareiros e servizos. E os sectores industriais clave non poden estar baixo control do capital extranxeiro”. No acto desta tarde, Recortes Cero presentará a súa proposta, que ten como eixos a creación de 1,5 millóns de empregos, “produtivos, de calidade e con dereitos”, a creación dun banco público “que pode converterse en en a segunda entidade bancaria do país”, centrado na concesión de créditos a pemes e autónomos en condicións moi competitivas, e a transformación das axudas públicas europeas en accións públicas “que garantan capacidade de decisión do Estado e que teñan como principal destino as pemes e a industria, e que impulsen o desenvolvemento en todo o país, tamén nas zonas rurais”.

Desta maneira, as candidatas de Recortes Cero chaman aos presidentes e presidentas das principais entidades, Ana Patricia Botín do Banco Santander, Carlos Torres, presidente do BBVA, e José Ignacio Goirigolzarri, presidente de Caixabank, a valorar unha esixencia que “temos a seguridade de que recibe o apoio da inmensa maioría da sociedade”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario