Javier Arias participa na III Xornada Internacional De Cooperación Policial Xacobea, que se celebra en Sarria

por Redacción Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración da III Xornada internacional de cooperación policial xacobea, que organiza a Garda Civil en Sarria

O delegado gabou o labor que realizan os corpos de seguridade de distintos países “para garantir a seguridade dos peregrinos ao longo das rutas xacobeas”, e referiuse en concreto ao traballo “de protección das persoas e tamén do medio ambiente e do patrimonio do Camiño que realiza en Galicia a Policía Autonómica”, nun marco de colaboración coa Garda Civil, o Corpo Nacional de Policía e as policías locais.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario