A concelleira de Cultura Tamara Rodriguez anunciou hoxe a Marta Gesto Lagüela como pregoeira das Festas de San Ramón e Santa María 2023.
BIOGRAFÍA
Marta naceu e medrou en Vilalba (na avenida Terra Chá) ata que con 18 anos marchou camiño a Salamanca co fin de estudar Xornalismo. E de aí a Madrid, onde leva xa dúas décadas traballando en diferentes medios de comunicación.
Pasou polas redaccións de Europa Press, La Sexta, Vocento e agora é a Directora Xeral de infoLibre, onde “fai patria” a diario con outro vilalbés, o tamén xornalista Daniel Basteiro.
É profesora no Máster de Branded Content da Madrid Content School e participa en diferentes actos formativos da Universidade Rei Juan Carlos e do Centro de Excelencia Internacional Sergio Arbolea.
Tal e como lembrou Tamara Rodríguez, Marta sempre se definiu como “moi, moi vilalbesa” e conserva as súas amizades (do Insua Bermúdez, da Banda…), ademais do forte vínculo familiar con Vilalba, pois é «filla e neta de vilalbeses».