O PP solicita unha mesa de traballo para acadar un reparto igualitario dos medios do parque móbil a todos os concello de menos de 20.000 habitantes

por Redacción Lugo

Antonio Ameijide anuncia que defenderán esta iniciativa no pleno do próximo mércores xa que todos os concellos precisan da colaboración da Deputación Provincial para poder solucionar os problemas que sofren nas vías de titularidade municipal, non só os gobernados polo PSOE e BNG

  • Os deputados populares ven fundamental deseñar un plan de colaboración cos Concellos, que sexa transparente, para poñer a disposición de todos os municipios da provincia os medios existentes no parque móbil provincial en base a criterios obxectivos e igualitarios
  • Son recorrentes as queixas dalgúns alcaldes pola ausencia de resposta ás peticións de maquinaria e equipamentos para realizar estes traballos polo que é preciso facilitar os medios do parque móbil provincial a todos os municipios cunha poboación inferior aos 20.000 habitantes
  • Os deputados populares rexistraron o xoves unha solicitude de visita ás dependencias do parque móbil provincial para ver as instalacións, presentarse aos traballadores e comprobar o estado no que se atopa a maquinaria dispoñible, pero o goberno provincial decidiu vetar a entrada ao Grupo Popular polo que instan a PSOE e BNG a cambiar a súa actitude cara a conciliación en lugar do enfrontamento permanente
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario