PSOE. José Miñones, visitou de madrugada a lonxa da Coruña

por Redacción A Coruña

O ministro de Sanidade e cabeza de lista do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ao Congreso, José Miñones, visitou de madrugada a lonxa da Coruña. Acudiron xunto a el o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro e os tamén candidatos Obdulia Taboadela, Diego Taibo e Natividad González Laso.

“Quixemos comezar o último día de campaña na lonxa da Coruña para amosar o compromiso do Partido Socialista e do Goberno de Pedro Sánchez co sector do mar”, comezou sinalando Miñones.

 />Dende o PSdeG-PSOE quixeron “coñecer os proxectos nos que están a traballar, e amosar o que fixemos nestes últimos 5 anos polo sector, un sector que para Galicia é clave e polo que temos que seguir pelexando, especialmente na Unión Europea”.</p><p>Respecto do labor do ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, Miñones sinalou que este “dende logo fixo un moi bo traballo, co incremento das cotas de pesca, pero temos que seguir traballando de cara aos vindeiros anos”.</p><p>súa banda, Bernardo Fernández aproveitou a ocasión para apelar ao voto ao PSOE, “que ao longo desdes últimos 5 anos fixo tanto polos sectores produtivos nunha situación moi complexa, primeiro a causa da pandemia e logo da guerra de Ucraína”.</p><div id='gallery-1' class='gallery galleryid-29572 gallery-columns-2 gallery-size-full'><figure class='gallery-item'><div class='gallery-icon landscape'>
<a href='https://21noticias.com/2023/07/21/psoe-jose-minones-visitou-de-madrugada-a-lonxa-da-coruna/m4-2/'><img data-lazyloaded=

“Precisamos que este país siga avanzando e siga adoptando medidas que están a relanzar á economía de España como está facendo o Goberno de Pedro Sánchez, sendo a nosa unha das economías europeas que máis e mellor medran”, destacou o secretario xeral provincial. “Ademais, España medra do xeito máis xusto, que é o máis importante, non só medrar, senón medrar todos xuntos”, engadiu.

 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario