A concelleira de Medio Ambiente abre a xornada de presentación de resultados da Cátedra Emalcsa-UDC

A colaboración entre o Concello e a Universidade coruñesa fai posible a posta en marcha de proxectos de investigación punteiros ao redor dos usos da auga.

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou hoxe na apertura da xornada de presentación de resultados dos proxectos de investigación que desenvolvéronse no marco da cátedra EMALCSA-UDC no período 2021-2024. No acto participaron tamén o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, o director de Augas de Galicia, Roi Fernández Añón, o director xeral de EMALCSA, Jaime Castiñeira e o profesor Sergio Rodríguez, director da cátedra.

Neira subliñou a estreita e frutífera colaboración entre o Goberno de Inés Rey e a UDC en múltiples iniciativas, entre as que destaca esta cátedra de investigación. «O Concello e a Universidade foron e irán sempre da man en proxectos de investigación porque esa ampliación de coñecementos e a posibilidade de solucións innovadoras que se abren teñen como fin último a mellora da calidade de vida e o benestar dos cidadáns», dixo Neira.

A cátedra EMALCSA-UDC creouse en 2017 como culminación dunha longa colaboración entre ambas as entidades co obxectivo de innovar e mellorar os procesos non só de xestión da auga que utiliza a cidadanía da Coruña, senón tamén outros aspectos como a protección do medio ambiente e a responsabilidade social. 

Este ano finaliza o segundo convenio da Cátedra para o que o  consello de Administración de Emalcsa incrementou substancialmente a dotación  para proxectos de I+D+i, pasando do 50.000 €/ano do primeiro convenio ao 170.000 €/ano do segundo. 

Os proxectos que expuxeron hoxe os seus resultados refírense a tres liñas de investigación: Plan AdO (Auga desde a orixe); Plan ECAD (Excelencia na Calidade da auga Distribuída) e Aqualab, centrada no desenvolvemento tecnolóxico.

Comparte éste artículo
No hay comentarios