Rubén Arroxo anuncia o asfaltado de novas vías na Croa e en Galegos

por Redacción Lugo

Estase a renovar a capa de rodadura con asfalto en quente, garantindo unha solución duradeira e de calidade

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, informou que o Goberno de Lugo continúa a coa renovación dos espazos públicos de Lugo con novos asfaltados na Croa e na zona de Galegos. Arroxo explicou «continuamos a traballar na renovación integral destas rúas, garantindo o «bo estado das rúas de Lugo que máis tráfico acollen».

A solución executada pola Concellería de Infraestruturas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.

Na Croa actuouse na Travesía da Croa, unha vía perpendicular ao Camiño da Cora que da acceso a varias vivendas, cunha lonxitude de preto de 25 metros. Na zona de Galegos, renovouse o asfalto da zona final da Rúa do Cuco, de preto de 70 metros.

Arroxo lembrou que «desde o Goberno de Lugo traballamos na atención aos distintos barrios, atendendo ás peticións das veciñas e veciños sobre as zonas nas que desenvolven a súa vida». As peticións da veciñanza, sinalou, «xunto coas visitas que realizamos por toda a cidade permítennos planificar o traballo que realizamos, buscando mellorar a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños».

Segundo o Tenente Alcalde, «nos últimos anos realizamos un importante esforzo para renovar as zonas urbanas e periurbanas, actuando en moitos viais renovando o asfaltado e o alumeado».

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario