Segundo CGT e Ecoloxistas en Acción, ADIF confirmou a súa intención de tallar a totalidade das árbores que se atopan na contorna da estación de ferrocarril de Tui. Denuncian que entre estas árbores atópanse especímens centenarios que aparentemente están sáns e estables.
Consideran que a súa corta supón un dano irreparable ao ecosistema que é innecesario e que perfectamente pódese evitar cunha poda selectiva. Tamén solicitan que antes da corta se evalúe o estado das árbores que se atopan na contorna da estación de Tui.
«A talla debe limitarse aos especimenes que supoñan un perigo de desplome polo seu mal estado ou inestabilidade. Evitando así a corta de árbores sans que no supoñen ningún risco para as infraestruturas ferroviarias.» sinala Xaquín Pastoriza, voceiro de Ecoloxistas en Acción.
Ecoloxistas en Acción e CGT denuncian que ADIF vai facer unha talla indiscriminada de todo o arboredo da estación de Tui

Escribe tu comentario
Escribe tu comentario