SUMAR. A Galicia a favor

por Redacción Galicia

Existe todo un país que quere mirar ao futuro. Galicia é un país orgulloso da súa identidade colectiva, do que fomos e do que somos, un país sen complexos que quere, tamén, mirar ao horizonte con esperanza. Somos unha sociedade viva, moderna, progresista, cun goberno do pasado. Hai toda unha maioría cidadá que quere avanzar e deixar atrás os gobernos da parálise, décadas de gobernos conxelados no tempo.
Queremos recuperar o futuro, un futuro con políticas útiles a favor das maiorías, a favor do traballo, da vivenda, da industria, do agro e da pesca, do rural, a favor dos nosos montes e das nosas rías, a favor da xente que vive do seu traballo, a favor das mulleres e da xente nova.
Necesitamos un goberno galego á altura da súa cidadanía. Hai unha Galicia que se abre paso e vai máis alá.
Hoxe, 25 de xullo é o día para facer valer as nosas institucións, unhas institucións que se defenden enchéndoas de contido, de políticas públicas e iniciativa que nos permitan avanzar como país. Unhas institucións útiles para a súa sociedade, que amplíen dereitos e liberdades e nos fagan progresar como país.
Sumar Galicia confía nesa sociedade que se abre paso, que xa está aquí, que xa se afirmou nestas Eleccións Xerais cunha maioría progresista clara.
Hai toda unha Galicia a favor que mira ao futuro con esperanza. Sumar confía nesa nación aberta con vontade de gobernar o seu destino e facelo con toda a súa xente dentro.
A forza do noso amor non pode ser inútil.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario