Rubén Arroxo anuncia a instalación de novas luminarias en Ramón Ferreiro

por Redacción Lugo

Os traballos consisten no pintado das estruturas da estrutura, mellorando a imaxe da rúa e na instalación de luminarias LED na medianeira, avanzando na mellora da eficiencia enerxética

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, informa da contratación da obra renovación das instalacións de alumeado público da medianeira da rúa Ramón Ferreiro. Trátase de farois de deseño que, segundo Arroxo, «se están a repintar na súa totalidade, o que levará sobre unha semana», explica.

A obra comezouse polo lado máis aproximado ao centro e rematarase á altura da sede de Tráfico situada na mesma rúa. Unha vez rematada a pintura, cambiarase a LED de todas as luminarias da medianeira, «traballo que se comezaron hoxe e previsiblemente estarán rematados nos primeiros días de agosto», informa Rubén Arroxo.

O Tenente Alcalde resalta tamén que se «está a estudar, por parte dos técnicos municipais» a pertinencia de cambiar, a continuación, a iluminación en altura da rúa Ramón Ferreiro, que «afecta tanto aos laterais coma ao propio tránsito», insiste.

Rubén Arroxo indica que o Concello «segue traballando na renovación das luminarias nas principais rúas da cidade e nos barrios para acadar unha maior visibilidade e eficiencia» que mellore a calidade de vida dos e das lucenses e que acade un importante aforro na tocante á factura eléctrica.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario