Elena Candia. «Negativa do goberno local a escoitar as propostas acordadas coa veciñanza»

por Redacción Lugo

No primeiro pleno do mandato o goberno de Lara Méndez aplicou “o rodillo do non polo non” a todas as iniciativas defendidas polos populares, unicamente por levar a sinatura do PP

• Elena Candia recorda que as catro proposicións foron consensuadas coa veciñanza de Lugo nas diferentes xuntanzas que os populares realizan nos diferentes barrios e parroquias do municipio

PROPOSICIÓN PROPOSTAS CASCO HISTÓRICO

• Os populares lamentan a ausencia de vontade do goberno local para escoitar á veciñanza e á oposición para acordar as necesarias modificacións do proxecto corazón verde entre murallas e das intervencións de peonalización do casco histórico: “quedou patente unha vez máis que non teñen vontade de dialogar”

• Os populares insisten na necesidade de que o goberno local ten a obriga de escoitar á veciñanza para realizar as modificacións que sexan necesarias no proxecto para que no futuro o casco histórico de Lugo sexa un barrio amigable e habitable

• O goberno de Lara Méndez segue negándose a dar participación á sociedade e as mínimas modificacións que se realizaron foron froito da presión social polo que “convidamos ao goberno local a participar de calquera movemento e xuntanza que axude a mellorar o proxecto”

CONVENIO FEGAMP USO INSTALACIÓNS DEPORTIVAS CENTROS EDUCATIVOS

• No PP non entenden a negativa do goberno local a fomentar hábitos de vida saudable, promocionar o deporte e mellorar a calidade de vida dos lucenses a través da apertura das instalacións deportivas dos colexios fóra do horario escolar ás tardes e fins de semana

• A proposta dos populares é que o Concello de Lugo se sume ao convenio marco da FEGAMP sobre uso de instalacións deportivas nos centros educativos para ampliar a oferta de espazos

PACTO EN SERVIZOS SOCIAIS E REACTIVAR O CONSELLO SOCIAL

• No PP non entenden o rexeitamento do goberno de Lara Méndez á petición de crear un pacto común para definir as liñas estratéxicas para mellorar os servizos sociais municipais, a través da constitución dunha comisión que elabore un pacto institucional relativo á planificación e atención aos servizos sociais, e a reactivación do Consello Local de Servizos sociais

• Os populares defenden que o obxectivo único dos servizos sociais é garantir que as necesidades básicas da veciñanza están cubertas “sen importar as cores políticas polo que seguimos tendendo a man ao goberno local para chegar a acordos que cubran as necesidades básicas dos lucenses”

DATA FIXA PARA O ARDE LUCUS

• O PP non entende que o goberno local negárase a innovar os contidos, a planificación e divulgación do Arde Lucus cunha antelación suficiente, que pasa, entre outras medidas, por ditar unha data fixa para a celebración da festividade romana e castrexa.

 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario