Besteiro abre unha nova canle de difusión de whatsapp para aumentar o contacto directo coa cidadanía

por Redacción Galicia

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe a apertura da súa nova canle de Whatsapp. O responsable socialista anunciou a través dunha mensaxe en primeira persoa esta nova vía de comunicación coa cidadanía que incrementa a súa presenza nas principais redes sociais.

Besteiro explicou que esta canle de difusión de Whatsapp permitirá que os seus seguidores poidan manterse informados dun xeito directo e próximo sobre a súa actividade como deputado no Congreso e o seu labor como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia.

Cunha mensaxe selfie de benvida, gravada polo propio Besteiro, pon en marcha este servizo de difusión que permitirá a toda a cidadanía interesada acceder a outro tipo de contidos mediante o enlace (https://whatsapp.com/channel/0029VaF2FCR3LdQKxCYiBz29) ou ben buscando a canle no directorio de WhatsApp do apartado “Novidades”.

Esta canle de vén completar os medios de difusión de novas e da actividade do candidato despois da boa acollida dos seus perfís nas redes sociais como Instagram, Facebook, X (antiga Twitter) e Tik Tok. Despois de tan só 8 meses de actividade pública dende a súa volta á política activa tras ser vítima dunha inxustiza xudicial, Besteiro xa dispón de contas oficiais cunha comunidade dixital de máis de 11.000 persoas e medrando a un ritmo elevado.

Estas cifras amosan o interese que suscita o candidato do PSdeG e que a cidadanía percibe os novos tempos que se abren na política galega.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario