O Concello de Vilalba trasládalle aos clubes deportivos as bases para xestionar o uso das instalacións deportivas municipais

por Redacción Lugo

“É un borrador para que poidan presentar suxerencias”, explica a alcaldesa, Elba Veleiro, responsable tamén da área de Deportes

A alcaldesa de Vilalba e responsable da área de Deportes, Elba Veleiro, mantivo un encontro con representantes dos clubes do concello para explicarlles as bases reguladoras do uso das instalacións deportivas municipais no curso 2023/24.

“Trasladeilles un borrador do texto para que poidan presentar as súas suxerencias ata o xoves”, explica Veleiro, “demostrando desta maneira que somos un concello transparente e participativo”.

O marco polo que se regula a cesión do uso de espazos deportivos das instalacións municipais é moito máis complexo que fai anos debido ao aumento da rede asociativa local, que require dos mesmos para desenrolar a práctica deportiva.

Polo tanto, era necesario por parte do concello regular un procedemento que facilite e mellore a xestión e coordinación de espazos, facilitando a comunicación entre as entidades e a administración.

A normativa establece criterios de preferencia para a concesión de uso das instalacións, dándolle prioridade ás escolas deportivas, despois os clubes e por último as solicitudes de particulares.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario