Formoso destaca que a solidariedade coruñesa “axuda a mellorar a saúde, a educación e as condicións de vida de moitas persoas en diversos países do mundo”
A Deputación da Coruña destina este ano 387.800 a cofinanciar, en colaboración con ONGD e asociacións sen ánimo de lucro da provincia, un total de 22 proxectos de axuda ao desenvolvemento en América Latina, Caribe e África.
As concesión das axudas, publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia, inclúen investimentos e programas de actividades “que axudan a mellorar a saúde, a educación e as condicións de vida de moitas persoas en diversos países do mundo”, afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
Un ano máis, a Deputación financian programas solidarios como “Vacacións en Paz” de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que trae á provincia nenos saharauis durante o verán ou “Viaxe cara á vida”, da Fundación Tierra de Hombres, que permite traer a nenos e nenas de países africanos como Togo, Benin, Senegal ou Mauritania para ser operados de cardiopatías e outras graves doenzas no CHUAC da Coruña.
Ademáis, a solidariedade coruñesa permitirá tamén seguir impulsando programas de mellora das infraestruturas sanitarias e educativas ou levar servizos básicos coma o abastecemento de auga a distintas comunidades en países coma Honduras, Senegal ou Colombia.
No apartado educativo, destacan as axudas concedidas ao proxecto “Escola Coruña”, continuando a labor que EcoDesarrollo Gaia e a Deputación veñen desenvolvendo en Senegal ou á Fundación Galicia Innova para a posta en marcha dun centro de formación e innovación tecnolóxica en materia agropecuaria e forestal para as comunidades do Val de San Lorenzo, en Perú.
Tamén se financian proxectos como a construción de parques de bombeiros e protección civil que desenvolve a Asociación AIRE de bombeiros da Coruña, ou programas de mellora de infraestruturas para o acceso a auga potable en Honduras, Guatemala e Guinea Bissau.