O PP de Xermade denuncia o mal estado do parque infantil e pide o seu “arranxo inmediato”

por Redacción Lugo

Os populares recordan que debido “á falta de traballo e preocupación” do alcalde provocou que a zona para que xoguen os nenos “é perigosa” polo que cómpre realizar o seu arranxo inmediato

Os concelleiros do PP de Xermade denuncian o mal estado que presenta a zona de xogos infantil da vila, que se atopa ao carón da biblioteca municipal e do polideportivo, o que a converte nunha zona de afluencia de veciños, e que pode resultar insegura para os nenos da vila.

O voceiro popular Antonio Rivera pide o seu arranxo inmediato xa que “pode ser perigosa” para os rapaces que xoguen alí, máxime nestas datas nas que a vila vive as súas festas patronais, polo que é de supoñer que haxa máis nenos e nenas nesta zona de xogos.

Dende o PP lamentan o mal estado desta infraestrutura e recordan que sería preciso arranxar de inmediato todas as deficiencias detectadas, como son as fendas que hai no pavimento acolchado do chan, xa que os rapaces poden tropezar con facilidade, realizar o correcto mantemento dos aparatos de xogo e renovar aqueles que se atopen deteriorados, arranxar os accesos e realizar unha correcta limpeza da zona, xa que hai verdín e restos de vexetación que poden facer que os nenos esvaren.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario