A delegación territorial da Xunta acolle unha nova edición da mostra de artes plásticas ‘Expoperegrina’

por Redacción Lugo

O edificio administrativo da Xunta en Lugo acolle unha  nova edición da mostra de artes plásticas e visuais Expoperegrina, que organiza a Asociación Cultural GAPAsturias e conta coa colaboración da Delegación Territorial

O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe a exposición, que reúne unha vintena de   obras vinculadas ao Camiño de Santiago, en especial ao Camiño Primitivo.

A mostra itinerante chega a Lugo despois de iniciar o seu percorrido en Oviedo no mes de febreiro; permanecerá ata finais de agosto na Sala de Exposicións da Delegación e pode visitarse de luns a venres en horario de mañá.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario