O escultor de Xinzo Xoxé Lois Carreira traballa dende fai tempo para rematar a monumental escultura en granito da doutora limiá Olimpia Valencia, a primeira facultativa galega en desenrolar a súa profesión.
Xosé Lois Carreira, autor de varias pezas monumentais notables en granito en Xinzo, Ourense ou Verín ten moi avanzado un proxecto de grande complexidade técnica. A estatura se colocará diante do hospital Alvaro Cunqueiro da cidade de Vigo, segundo confirmou no seu blog o historiador e erudito da Limia Edelmiro Martínez Cerradelo, autor das fotos recollidas nesta información feitas no estudio de Carreira no pobo de Parada de Ribeira, en Xinzo. A escultura estará rematada nos próximos meses.