Unha escultura no Álvaro Cunqueiro homenaxeará a primeira doutora galega, Olimpia Valencia

por Redacción Ourense

O escultor de Xinzo Xoxé Lois Carreira traballa dende fai tempo para rematar a monumental escultura en granito da doutora limiá Olimpia Valencia, a primeira facultativa galega en desenrolar a súa profesión.

Xosé Lois Carreira, autor de varias pezas monumentais notables en granito en Xinzo, Ourense ou Verín ten moi avanzado un proxecto de grande complexidade técnica. A estatura se colocará diante do hospital Alvaro Cunqueiro da cidade de Vigo, segundo confirmou no seu blog o historiador e erudito da Limia Edelmiro Martínez Cerradelo, autor das fotos recollidas nesta información feitas no estudio de Carreira no pobo de Parada de Ribeira, en Xinzo. A escultura estará rematada nos próximos meses.

 width=Olimpia Valencia López viño ao mundo o 14 de decembro de 1898, no concello ourensán de Baltar. Muller pioneira, converteuse na primeira licenciada en medicina de Galicia. Viviu en Vigo desde os doce anos.

Con 21 anos, en 1919, ingresou na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, en 1925, convértese na primeira muller galega cunha licenciatura en Medicina. Con posterioridade trasladouse a Madrid para doutorarse en xinecoloxía.

Ao finalizar os seus estudos regresou a Vigo en 1928, exercendo a medicina xeral e xinecoloxía, a súa especialidade. Nos anos 40, ingresa na Seguridade Social e continou traballando, mesmo tras a súa xubilación, ata os 82 anos. Seis anos despois, en 1987, morreu en Vigo. Con moitos anos sen recibir a homenaxe que merecía a súa figura e en xullo do ano 2017 e a título póstumo, foi nomeada filla predilecta do concello de Baltar, no que veu a este mundo.

Fotografías. Edelmiro Martínez Cerradelo

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario