Besteiro pon en valor que a maioría absoluta de esquerdas acadada no Congreso é «unha boa nova» que abre camiño á estabilidade parlamentaria

por Redacción Galicia

O actual deputado no Congreso apunta que a investidura de Pedro Sánchez vai beneficiar «especialmente a Galicia»

O deputado José Ramón Gómez Besteiro referiuse hoxe ao triunfo da esquerda na constitución das Congreso coma “unha boa nova” para o Estado. Sinalou que esta primeira xornada onde se elixiu a Mesa do Congreso dos Deputados “abre o camiño cara unha nova investidura de Pedro Sánchez” para seguir loitando pola estabilidade parlamentaria e continuar co proxecto que leva iniciado fai catro anos.

Besteiro, acompañado de todos os membros da candidatura na sesión constitutiva, expresou a súa satisfacción por conseguir a presidencia da Cámara e sinalou que este paso é de “gran importancia” para poder continuar cos avances progresistas do país.

O cabeza de lista por Lugo quixo poñer en valor os notables beneficios dos que os galegos e galegas poderemos seguir desfrutando gracias á labor do goberno socialista. Fixo referencia á boa praxe da execución orzamentaria e do Semestre Europeo “tan importante para Galicia”.

Do mesmo xeito, quixo poñer en valor, en materia de reindustrialización, a aplicación de fondos europeos  nas diferentes infraestruturas, “que tan importantes son para noso país”. O representante socialista abondou na esperanza que supón un goberno “capaz de afrontar un dos maiores retos que ten Galicia”, como é o reto demográfico.

“Hoxe márcase o que vai a ser o sentido destes próximos anos”, reivindicou Besteiro, que nesta primeira xornada onde o Partido Socialista conseguiu a presidencia con unha maioría absoluta, o actual deputado cualificou firmemente como “boas novas” para o bloque da esquerda.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario