Os socialistas de Chantada reclaman ao concello a limpeza dos espazos públicos

por Redacción Lugo

O PSdeG-PSOE de Chantada urxe ó Concello tomar as medidas necesarias para limpar a fondo espazos públicos como rúas e beirarrúas. Durante a época de verán, a poboación na vila do Asma multiplícase coa chegada de turistas, o que se une a unhas condicións climatolóxicas (máis calor) que requiren unha frecuencia de limpeza maior. “Os veciños e veciñas trasládannos a súa preocupación polo estado dalgunhas beirarrúas, cheas por exemplo de excrementos de paxaros”, trasladan os socialistas, que apuntan que non só preocupa a imaxe de deixadez que transmite a falta de limpeza ós turista, senón que, especialmente, preocupa os problemas de salubridade que isto causa para todas e todos.

Dende o PSOE chantadino trasladan a necesidade de levar a cabo as tarefas de limpeza necesarias, “sen esquecer así mesmo un tratamento racional da auga que sempre se debe de manter, máis aínda na época de seca na que estamos”. Noutros concellos, para tarefas de limpeza emprégase auga non potable, para non malgastar as reservas hídricas da auga apta para o consumo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario