Turismo de Galicia abre prazo para solicitar 21 bolsas de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

por Redacción Galicia

As bolsas supoñen un desconto no prezo da matrícula ordinaria por titulación en réxime externo

A Axencia de Turismo de Galicia abre hoxe o prazo para poder solicitar as axudas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia no curso curso 2023/24.

As bolsas supoñen un desconto no prezo da matrícula ordinaria por titulación en réxime externo. Existen dúas modalidades de bolsas, as bolsas de nova adxudicación e as bolsas de renovación. Ambas modalidades de bolsas serán, á súa vez, de dous tipos, unha que contempla un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación, e outro que contempla un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria do CSHG por titulación.

Desta maneira, outorgaranse 21 bolsas de nova adxudicación para o curso 2023/24: 6 son bolsas tipo I para o 1º curso de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e 15 bolsas tipo II para o 1º curso de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 22 de setembro. A maiores de estas axudas, o centro dispón das exencións contempladas por lei, en especial as de familia numerosas que van do 50 ao 100% da matricula, e do 100% no caso de matrícula de honra no bacharelato. Toda a información está publicada no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que non se outorguen a totalidade das bolsas incluídas para a convocatoria do curso 2023/24, poderán outorgarse ao alumnado do resto de cursos, sempre que reúnan os requisitos establecidos para a obtención das bolsas no artigo 4 destas bases, salvo o de cursar o primeiro curso.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario