A Deputación da Coruña achega máis de 1,6 M€ para financiar o mantemento da Orquestra Sinfónica de Galicia e a Casa de Acollida no 2023

por Redacción A Coruña

Formoso destacou que o apoio da Deputación permitirá, un ano máis, levar a música da OSG a A Coruña, Ferrol e Santiago e achegar a música clásica aos máis pequenos 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e a alcaldesa, Inés Rey, asinaron hoxe un convenio en materia de cultura co Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, co obxectivo de financiar o programa de actividades da Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) durante o ano 2023 e un convenio en materia de igualdade para o mantemento da Casa de Acollida.

O convenio para a promoción da Orquestra Sinfónica de Galicia conta con unha nova achega económica de 1,5 millóns de euros por parte da Deputación que permitirá que, ademáis dos concertos programados na cidade da Coruña, a OSG siga levando a súa música aos municipios da provincia a través de concertos, actividades para apoiar ao sector musical, agrupacións e músicos locais, e co financiamento da Orquestra Nova, da Orquestra de Nenos e Coros da OSG.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que se trata dun “convenio importante para a cidade e a provincia da Coruña” e subliñou a labor da OSG, “un referente en Galicia no seu ámbito, que grazas a esta axuda levará a súa música a concellos como Ferrol e Santiago e permitirá achegar as grandes obras da música clásica a públicos de todas as idades, entre eles os escolares, en toda a provincia”.

O programa inclúe a realización de concertos da OSG previstos durante 2023, os 19 de abono na cidade da Coruña, ademais doutros en Ferrol, Santiago, e noutras localidades da provincia que aínda están por determinar. Ademais, o acordo servirá para financiar colaboracións como as sesións escolares e concertos en familia da OSG.

O acordo inclúe tamén o financiamento das actuacións da Orquestra Nova e a Orquestra de Nenos na Coruña e Vimianzo.

Por outra banda, un ano mais a institución provincial achega 121 mil euros para o mantemento da Casa de Acollida e para dous pisos de inclusión,  reforzando a atención ás vítimas da violencia de xénero así como aos menores dependentes delas.

“A Casa de Acollida desenvolve un papel fundamental na atención a u colectivo especialmente vulnerable como é o das mulleres que sofren a violencia de xénero en momentos complicados da súas vidas nos que precisan toda a protección, apoio e acompañamento que podamos ofrecerlles” afirmou o presidente da Deputación.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario