Os populares achegáronse ata a parcela onde está o edifico que “volve a presentar unha imaxe de abandono con maleza rodeándoo e vallas metálicas rotas e oxidadas”
No último cartel de obra que hai no exterior do Auditorio de Magoi figura que a reparación das patoloxías, adxudicadas en xaneiro de 2023 por un importe de preto de 300.000 euros tiñan un prazo de execución de catro meses, pero a posteri ampliouse o prazo porque había que facer máis reparacións sendo o mes de novembro a última data que se deu para rematar estes traballos.
Os populares lembran como o bipartito encargou “ata tres informes distintos a gabinetes de arquitectura externos e que no último a alcaldesa, de forma unilateral, e sen dar ningún tipo de participación fixo cambios que afectaban ao deseño do edificio e que os técnicos municipais informaron negativamente por cambiar aspectos determinantes do edificio e a súa contorna”.
Promesas incumpridas e edificio abandonado
A visita dos concelleiros do Grupo Popular ao exterior do Auditorio de Magoi fixéronna coincidir na semana na que se cumpren 3 anos e 2 meses dende que o bipartito de Lugo é propietario deste inmoble e nela os edis puideron comprobar a imaxe de abandono que presenta, con maleza rodeándoo e vallas metálicas rotas e oxidadas”.
“Pensamos que este espazo debe ser un reclamo para Lugo: os lucenses non queren un lugar desatendido, pechado e olvidado”. “Urxe a súa apertura para ofrecer oportunidades ao talento das nosas agrupacións culturais, musicais, teatrais que co seu traballo diario reflicten a historia e a idiosincrasia das xentes do noso municipio e provincia”.
“Os lucenses merecemos que se abra xa esta dotación cultural, que conta con diferentes premios e que é unha creación orixinal con identidade propia, na que o goberno galego investiu 25 millóns de euros lembrando que o edificio ten dúas salas “unha para 900 e outra para 300 espectadores así como espazos para congesos, cafetería con terraza e un restaurante”.
A última promesa que fixo a alcaldesa foi a de abrirlo para febrero de 2023 facéndoo coincidir cos actos de Lugo es capital del Eixo Atlántico pero tampouco foi quen de cumprir coa súa palabra, a anterior promesa era poñelo en funcionamento á volta do verán de 2022.