O concelleiro do Grupo Municipal Javier Vázquez agarda que o goberno local valore e incorpore algunhas das ideas que vén de rexistrar para dar un pulo ás patronais de Lugo
Para exaltar o polbo, que é un dos emblemas das festas, solicitamos convocar un concurso gastronómico e tamén institucionalizar un recoñecemento a “persoas maiores cunha traxectoria ligada a estes festexos e á difusión deste produto que podería denominarse “O San Froilán de ouro”.
Outra das propostas que veñen reiterando dende o PP é a da contratación de concertos de tirón “debería primarse sempre a calidade fronte á cantidade sen restar importancia, dentro da programación, á presenza de grupos locais”.
Os populares tamén piden un encontro de grupos tradicionais rexionais das diferentes comunidades autónomas e suxiren os nomes de varios artistas e agrupacións musicais para o cartel de concertos.
Deseño dun plan específico de mobilidade para o San Froilán que contemple tres aspectos:
- Rotación de vehículos nas inmediacións do recinto da feira
- Reforzo transporte urbano
- Estudar a posibilidade de que durante as festas as viaxes en autobús sexan gratuítas.
No que respecta á promoción solicitan que se axilice a disponibilidade do programa do San Froilán para difundir o máis axiña posible os actos, impulsando un programa de comunicación ambicioso no que se faga chegar o programa aos concellos galegos para que lle den difusión.
Co obxecto de evitar que se anulen concertos ou actos ao aire libre como consecuencia do mal tempo os populares reclaman que haxa disponibilidade de carpas gañando espazos para unha maior oferta cultural.
Outras propostas
Creación dunha proba deportiva que utilice escenarios emblemáticos da cidade para a promoción dos nosos espazos culturais e artísticos, aproveitando a visita á cidade de turistas.
Colocación e sinalización de máis sanitarios móviles, revisando a ubicación dos mesmos no recinto feiral, e evitando que se ubiquen xunto a monumentos emblemáticos.
Tamén suxiren o préstamo gratuíto de cadeiras para persoas con mobilidade reducida, maiores…
Concurso de debuxo/poesía/fotografía… para adultos e escolares cunha temática centrada no San Froilán, e cuns premios que poderían consistir en barracas gratis no feiral ou cea nas casetas do polbo.
Valorar un día e unha franxa horaria con barracas á metade de prezo para nenos e nenas.