A Comision de Festas de Santa Cruz (Oleiros) en un comunicado denuncian a pouca colaboración en materia de seguridade do Alcalde

por Redacción A Coruña

Estimados veciños e veciñas de Santa Cruz;

Ante os titulares, declaracións e versións incorrectas do acontecido nas festas de Santa Cruz, vémonos obrigados a redactar este comunicado para evitar que a nosa reputación se vexa manchada. Cremos ademais que a veciñanza do noso pobo, que leva toda a semana demostrándonos o seu apoio incondicional, ten dereito a coñecer toda a verdade.

Comezamos este comunicado lamentando profundamente os feitos acontecidos nas noites do venres e martes no noso pobo. Durante estes días dúas pandillas, alleas ao noso concello, citáronse para pelexar durante a celebración das nosas festas. Isto tivo graves consecuencias e varias persoas do noso pobo resultaron feridas, ademais de sufrir roubos e insultos.

A nosa primeira mensaxe é de ánimo e apoio ás familias afectadas e a todas aquelas persoas que tiveron que vivir momentos moi tensos ao verse rodeadas destes individuos, equipados con armas brancas (bates de béisbol, botellas e navallas), mentres desfrutaban dunha noite cos seus seres queridos.

O sentimento que nos invade nestes días é de tristeza e rabia porque todo o acontecido puido ser evitado cunha correcta atención ao noso evento por parte das autoridades municipais. Este ano non foi diferente a outros en afluencia ou repercusión, pero o trato que se lle deu foi moi distinto.

A comisión de festas

Todos os membrxs do equipo da Comisión de Festas de Santa Cruz traballan como voluntarixs durante todo o mes de agosto, sen recibir ningunha remuneración económica. Somos un grupo de amigxs que durante o verán renunciamos ás nosas vacacións para traballar unidxs polo noso pobo. Algúns colaboradorxs que viven lonxe de Santa Cruz durante o inverno pagan incluso pola súa conta longas viaxes para estar con nós e traballar por e para Santa Cruz.

Todas as actividades que forman parte do cartel das Festas de Santa Cruz, dende os fogos de artificio aos concertos e pasando polos arcos de iluminación das estradas, carpas, escenarios ou os pertinentes seguros de responsabilidade civil son custeadas integramente pola Comisión de Festas de Santa Cruz. Esta comisión de festas non recibe subvencións económicas de ningunha institución gobernamental municipal, autonómica ou doutro tipo.

Nestas festas do ano 2023 non acudiron as orquestras que o Sr. Alcalde considera, segundo o seu propio xuízo, conflitivas. Ideouse un programa para tódolos públicos e gustos que foi presentado ao Sr. Alcalde o día 17 de xullo.

Colaboración do Concello de Oleiros

A colaboración do Concello de Oleiros en ningún caso é económica, trátase dun préstamo de material e medios. O material componse de 40 taboleiros cos seus cabaletes, 40 vallas baixas, 4 baños portátiles, varias tarimas de madeira e un vertedoiro, así como o subministro de auga. O resto do material disposto na praza é alugado pola comisión de festas, como son as vallas altas de seguridade, casetas de obra, vallas antipánico para concertos, carpas e diverso material que fomos adquirindo con todo o noso esforzo durante estes anos como parrillas ou material de cociña e limpeza. O consumo eléctrico é tamén asumido pola comisión de festas.

Este ano 2023 solicitamos 15 baños portátiles e rogámoslle ao Sr. Alcalde nunha reunión o día 17 de xullo que se nos comunicase coa maior antelación posible cantos baños poderían conseguirnos para ter marxe a alugar pola nosa conta os demais baños necesarios. Tres días antes do inicio da festa comunicóusenos que só contaríamos, un ano máis, con 4 baños portátiles e sen marxe de tempo para adquirir algúns máis pola nosa conta.

En canto a medios, solicítase o apoio da Policía Local e Protección Civil nas dúas procesións e durante o espectáculo pirotécnico. Por outro lado, a través do Consorcio das Mariñas, obtemos 30 contedores de lixo, un contedor de papel e dous iglús de vidro. Ademais, o Concello de Oleiros responsabilízase das tarefas de limpeza da praza nas mañás posteriores a cada día do evento.

Supervisión municipal e puntos críticos

É habitual que nas semanas previas á celebración das festas algún responsable municipal visite o pobo para identificar problemáticas de cara á seguridade da festa como rotura de baldosas, situación de cadros eléctricos e mantemento xeral da zona.

Este ano 2023 só se recibiu á responsable de residuos coa que se tomaron decisións de mutuo acordo para facilitar os traballos dos equipos de limpeza e de separación de residuos. Sen embargo, non houbo reparacións de ningún tipo. A última hora, na reunión mantida co Sr. Alcalde o luns 14 de agosto identificouse o lugar con más risco, na zona da ponte sobre o río, fronte ao hotel Noa. Sería o mércores 16 de agosto cando os albaneis municipais realizaron unha reparación de urxencia nesa zona.

Ningún responsable municipal revisou, nin auditou, nin condicionou os traballos levados a cabo pola empresa de instalacións eléctricas contratada pola comisión de festas. Este ano os servizos de emerxencia non tiñan coñecemento da situación, estado ou accesos dos cadros eléctricos en caso de emerxencia.

A supervisión municipal, de terse levado a cabo, tería evitado que un cadro eléctrico fose colocado no Monumento de Federico García Lorca, que, aínda que non sufría nin sufriu ningún dano por este motivo, a súa instalación nese lugar non foi adecuada e pedimos desculpas polo suceso. Pese a todo, resúltanos curioso que ningunha autoridade municipal decatarase disto ata a mañá do martes 22 de agosto. Unha vez detectada esta anomalía por parte do Sr. Alcalde, este dirixiuse a viva voz a un membro da directiva da Comisión de Festas de Santa Cruz que descargaba material para a barra na Praza Esther Pita, proferíndolle berros e improperios ante a mirada de decenas de veciños.

Sobre o porto de Santa Cruz: Tense coñecemento do seu mal estado e de que está prohibido o acceso con vehículos. A entidade responsable, Portos de Galicia, cortou o acceso para impedir o paso de persoas e vehículos. Na reunión do luns 14 de agosto infórmase ao Sr. Alcalde de que o Plan de Seguridade redactado pola comisión de festas para o espectáculo pirotécnico restrinxe esa zona para a visualización para eliminar o risco de derrubamento pola carga do público enriba do mesmo.

Venres 18 de agosto

Neste día prodúcense os primeiros altercados. A celebración do Xacobebo tivo lugar durante a mañá e a tarde do venres cunha participación similar á edición anterior. A xornada transcorreu sen incidencias ata que ao redor das 12 da noite, un grupo de individuos que nada tiñan que ver cos participantes do Xacobebo entra correndo na Praza do Castelo dende a Rúa do Repicho e agrede brutalmente a varios individuos con armas brancas. 5 membros da Comisión de Festas de Santa Cruz desprázanse a zona coincidindo coa chegada dos efectivos da Policía Local aos que se ofrece axuda mentres tentan identificar aos agresores. Na Praza do Castelo non se identifica público participante no Xacobebo, que se atopaba na Praza Esther Pita desfrutando do fin de festa e cun comportamento exemplar.

O primeiro día das festas é un dos de maior afluencia. Nas edicións anteriores adoitan estar presentes entre 10 e 15 Policías Locais. Este ano o dispositivo era de 5 gardas.

Domingo 20 de agosto

O domingo, o Ramo sube en procesión dende a casa da familia que o obtivo o ano anterior ata a igrexa de Liáns e, despois de misa, diríxese en procesión cara a casa da familia que o terá no ano en curso. Dado o longo traxecto e o estreito da estrada, nas edicións anteriores sempre se contou co apoio da Policía Local ou de Protección Civil, pero este ano esta colaboración non existiu e a comisión de festas tivo que asumir a seguridade deste evento.

Con máis de 300 participantes, a dificultade de superar unha curva pechada e sen visibilidade chegando a igrexa de Liáns e varios tramos nos que e necesario invadir a estrada; un membro da comisión de festas equipado cun chaleco reflectante e correndo de cruce en cruce foi o único medio de seguridade durante os case 2 km ata a igrexa de Liáns. A colaboración de seguridade foi solicitada ao Concello de Oleiros mediante rexistro electrónico o día 29 de xullo coas seguintes indicacións:

“Día do Ramo: A procesión sae da Igrexa Nova de Santa Cruz (Rúa Daniel Castelao) ás 12:30 do día 20 de agosto con dirección Igrexa de Lians. A misa terá lugar ás 13:15 calculándose a saída en procesión ás 14:30 con dirección Rúa dos Caraveis”

Martes 22 de agosto

Tal e como vimos explicando non existiu supervisión municipal nos días previos ao evento e o Concello de Oleiros tiña pleno descoñecemento sobre toda instalación eléctrica instalada que non fose o boletín eléctrico e os trámites legais obrigatorios que levou a cabo a comisión de festas dos que ademais asume o custo.

12:30 horas: Aténdese unha chamada do Sr. Alcalde que, de forma maleducada e vociferando, ordena a retirada inmediata dun cadro eléctrico situado na parte traseira do momumento de Federico García Lorca. Transmítese a orde á empresa de instalacións eléctricas e infórmase ao Sr. Alcalde a través da súa secretaria. Esta empresa está facendo traballos noutro municipio e informa que chegará pola tarde para realizar o cambio.

18:00 horas: O Sr. Alcalde aparece na Praza Esther Pita e, de novo, de forma maleducada e vociferando, ordena a un membro da directiva da Comisión de Festas de Santa Cruz que se atopaba traballando retirar o cadro chegando a ameazar con que o fará el mesmo se non se realiza o cambio inmediatamente. 20 minutos despois un operario municipal procede á retirada e entrega á comisión o cadro. 5 minutos máis tarde vólvese a instalar detrás de un dos postos de venta ambulante. Todo isto coincide coa chegada da empresa de instalacións eléctricas ao lugar.

Pola noite, tal e como explicábamos tamén sobre o venres da festa, en edicións anteriores adoitan estar presentes entre 10 e 15 Policías Locais. Este ano o dispositivo foi de 5 gardas. Ademais, contábase con dous membros de Emerxencias Oleiros e tamén con voluntarios de Protección Civil.

00:00 Pelexa na Praza Esther Pita: Prodúcese un altercado con bates e botellas ao oeste da carpa, na zona das gradas, onde había familias completas con nenos e nenas e persoas de idade avanzada. Membros da comisión de festas axudados por veciños paran a agresión e perseguen aos autores da agresión ata levalos fóra da Praza. A Policía Local non se presenta no interior da Praza Esther Pita, ao igual que nos outros 4 días. Outros membros da Comisión acoden a buscar ao dispositivo da Policía Local na zona azul do Parque Luis Seoane, pero non os localiza. Varios grupos de veciñxs achéganse á barra da Praza Esther Pita para comentar que non conseguen contactar coa Policía Local.

00:10 Chamada á Policía Local de 33 segundos: Non se localiza ao cabo responsable nin aos gardas, o único garda localizable nese momento estaba na Praza do Castelo onde o público xa tiña invadido o espazo acoutado e a praia e atopábase nun estado de nerviosismo evidente. Chámase telefonicamente á Policía Local para localizar ao cabo e poder ter unha conversa con mesmo para avaliar a situación.

00.30 Horario previsto para lanzamento: Non se procede ao lanzamento por dous motivos:

  1. Invasión de zonas de seguridade: A praia, a zona do porto con risco de derrubes e o espazo destinado para vehículos de emerxencia atopábanse cheos de
  2. Falta de medios: Non se localiza á Policía Local que é moi necesaria no caso de haber algún accidente ou incidente no lanzamento. Ademais, os vehículos de emerxencias estaban rodeados de persoas e non podían mobilizarse con axilidade no caso de producirse algún

Toda esta colaboración, habitual nas demais edicións, non se produciu este ano pese a ser solicitada por rexistro electrónico o día 29 de xullo.

00:30 Chamada á Policía Local de 21 segundos: Inténtase de novo localizar ao dispositivo policial.

 

Procédese a despexar a praia e a rampla de acceso da Praza do Castelo de público por parte dos colaboradores da comisión de festas. Un cometido que non deberíamos levar a cabo porque poñemos en risco a nosa propia seguridade e non todas as persoas podían entender esta petición. Ademais de non ter nós, dende a comisión de festas, ningunha autoridade para dar este tipo de ordes.

00:41 Chamada a Emerxencias Oleiros de 60 segundos: Verifícase que a zona de seguridade marítima (había unha embarcación de emerxencias no mar) está libre doutras embarcacións.

00:50 Lanzamento: Procédese ao lanzamento pese a que a zona de vehículos estaba invadida, a rampla do porto tamén e non había contacto co responsable da Policía Local. Consideramos esta decisión moi acertada porque foi a forma de dispersar ás persoas da forma máis rápida, facilitando a tarefa na que estaban inmersos os gardas: localizar ás persoas que participaron no altercado.

01:05 Finalización do espectáculo pirotécnico: A continuación, ten lugar unha primeira reunión da Directiva da Comisión de Festas para a toma de decisións. A praza estaba totalmente chea de público e non tiñamos a seguridade de que as pandillas foran desaloxadas. O risco dunha nova pelexa na praza, coas familias aínda presentes e con posibilidade de feridos fainos tomar a decisión de finalizar o evento.

01:30 Decisión de finalizar a verbena por no cumprirse as condicións de seguridade necesarias: A continuación, establécese un protocolo a seguir en canto se realice o anuncio de finalización do evento para protexer ás persoas colaboradoras do público que podía non entender a solución. Cos máis de 60 colaboradores, realízase unha cadea humana para baleirar toda a barra, apagar todas as luces e desconectar o son.

01:58 Chamada á Policía Local de 17 segundos: Comunícaselles a finalización da verbena por considerar que non se estaban mantendo as condicións de seguridade.

02:00 Dende o escenario da orquestra comunícase a decisión: A colaboración do público foi total e absoluta.

Conclusións

  • Ǫueremos enviar todo o noso apoio ás familias afectadas polas agresións que tiveron lugar nas festas de Santa Emprazamos a todas as familias afectadas a contactar con nós para tomar as decisións que consideren oportunas.
  • Consideramos que se puxo en perigo a seguridade das persoas asistentes ao evento e de toda a veciñanza de Santa Cruz por decisións que entendemos neglixentes por parte do goberno municipal polo que poñemos estes feitos en coñecemento da cidadanía e das institucións
  • Cremos que os membros da Policía Local estaban totalmente desbordados por contar cun número ridículo de Estamos moi agradecidos coa súa labor e consideramos que foron unhas vítimas máis dunha xestión neglixente por parte das autoridades municipais.
  • Esiximos as desculpas pertinentes por parte da corporación municipal do Concello de Oleiros ante todos os erros, desatención e falta de Pedimos tamén as desculpas pertinentes do Sr. Alcalde polas continuas faltas de ríspeto, mentiras e titulares nesgados que so danan a un grupo de amigos que traballa desinteresadamente polo seu pobo.
  • Ǫueremos enviar o noso agradecemento aos miles de persoas que durante estes días nos mostraron o seu apoio persoalmente ou a través das redes sociais. Sen vós, as festas non serían Grazas a todos.

Por último, queremos anunciar que se o Concello de Oleiros non mellora substancialmente as condicións de seguridade e cooperación de cara ao vindeiro verán, a Comisión de Festas de Santa Cruz non poderá seguir coa organización deste evento. Estamos dispostos a traballar 18 horas ao día, a renunciar ás vacacións e as horas de sono, pero non debemos nin podemos encargarnos da seguridade deste xeito

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario