OFICIAL| Salva Sevilla refuerza el centro del campo del Dépor hasta junio de 2024

por Jorge García

Salvador Sevilla López, máis coñecido como Salva Sevilla (Berja, Almería, 18 de marzo de 1984), converteuse en novo xogador do Dépor 2023-24 cun contrato por unha temporada, até xuño de 2024.

Salva Sevilla é un centrocampista creativo con grandes condicións no xogo a balón parado. Aos seus case 40 anos vén de completar unha gran temporada co Alavés, sendo protagonista no ascenso a Primeira División do club vitoriano: xogou 42 encontros (36 en Liga, 2 en playoff de ascenso e 4 en Copa), 31 deles como titular, e marcou 4 goles, 3 deles desde os 11 metros.

A lonxeva carreira profesional de Salva Sevilla arrancou hai 20 anos e pasou por case unha decena de clubs antes da súa chegada a ABANCA-RIAZOR: Polideportivo Ejido (2003-2004), Atlético de Madrid B (2004-2005), Sevilla Atlético (2005-2008), UD Salamanca (2008-2010), Real Betis Balompié (2010-2014), RCD Espanyol (2014-2017), RCD Mallorca (2017-2022) e Deportivo Alavés (2022-2023).

A bagaxe estatística de Salva Sevilla é de 174 partidos e 19 goles en Primeira División, 252 encontros e 37 tantos en Segunda División e 92 choques e 11 dianas en Segunda B. Ademais, suma 38 partidos e 5 goles en Copa do Rei e tamén coñeceu o fútbol internacional, ao disputar a Europa League co Real Betis Balompié no curso 2013-14 (9 encontros e 1 tanto).

No currículo de Salva Sevilla figuran dous ascensos a Segunda (2006-07 co Sevilla Atlético e 2017-18 co RCD Mallorca) e catro a Primeira (2010-11 co Real Betis Balompié, 2018-19 e 2020-21 co RCD Mallorca e 2022-23 co Alavés).

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario