A Deputación de Lugo rematou este xoves os traballos de conservación e mellora da ponte de Uriz, en Begonte, situada na estrada provincial LU-P-5101
Unhas actuacións que finalizan antes do previsto e que permiten restablecer o tráfico por este treito de novo dende este mesmo mediodía.
O proxecto, que ascendeu a 44.000€, incluíu a reconstrución de varios elementos que estaban danados, como os tallantes, que protexen as pilas da ponte fronte á velocidade da auga ou dos elementos que esta arrastra.