O PP propón un plan de seguimento e mantemento continuo para esculturas en espazos públicos de Lugo

por Redacción Lugo

O popular Agustín Gallego explica que «é indispensable conservar no mellor estado posible os elementos escultóricos e conmemorativos que forman parte da historia da cidade e para iso hai que facer un traballo preventivo e de control periódico»

O concelleiro popular Agustín Gallego enumerou varios exemplos de monumentos que teñen verdín ou suciedade froito da meteroloxía, ou ben outros casos nos que sufren destrozos por vandalismo.

Dende o PP lamentan “a deixadez e a falta de atención do bigoberno á hora de conservar en bo estado o patrimonio que temos” e pide que se fagan revisión periódicas para recoller aquelas incidencias que pudieran producirse para logo buscar as solucións pertinentes.

Con verdín

Tres exemplos onde o verdín afea as esculturas ou elementos conmemorativos: bimilenario da fundación de Lugo situado nas inmediacións da porta de San Fernando, busto de Rosalía de Castro e tamén hai numerosos exemplos na zona rural como o cruceiro da parroquia de Muxa

Vandalismo

Un dos casos nos que se reflexa a máis absoluto desprezo pola patrimonio escultórico é o caso do  Sebastián Alanceado de Paco Pestana situado na Praza Roxa e que está descabezado e que se apartou e colocou sobre un muro deste espazo público.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario