CGT convoca folga xeral de 24 horas en Galicia por Palestina

A CGT rexistrou unha convocatoria de folga xeral de 24 horas para o próximo 15 de outubro en Galicia contra o xenocidio do pobo palestino e a complicidade dos gobernos europeos co Estado terrorista de Israel. 

A CGT na Coruña, que participou xunto cos movementos prol palestinos nas innumerables mobilizacións que tiveron lugar na cidade, chama a secundar masivamente a xornada de folga xeral de 24 horas. 

Fontes do sindicato lembran que «a convocatoria rexistrada pola CGT de Galicia dá amparo legal a todas as traballadoras en Galicia con independencia do sector ao que pertenzan ou haxa ou non no seu centro de traballo delegados deste sindicato». 

A representante da CGT na Coruña insiste na importancia de que as traballadoras e os traballadores nos movilicemos porque só a través da presión social podemos conseguir que os gobernos cómplices cos xenocidas tomen medidas como a ruptura de relacións diplomáticas, económicas e armamentistas co Estado de Israel». «É o momento da solidariedade; a causa palestina é a causa da humanidade. Ninguén pode ser indiferente ao sufrimento alleo e a crueldade», subliñan. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios