Alternativa Arteixo. O goberno do Concello de Arteixo pretende salvar as supostas irregularidades da venda do parque comarcal de Bombeiros coa munipalización

por Redacción A Coruña

O goberno municipal presidido por  Carlos Calvelo, de maneira unilateral, vendeu a parcela na que se atopa o parque comarcal de bombeiros que dá servizo aos concellos de Culleredo, Cambre, Carral, Oleiros e ao propio Arteixo e que xestiona o Consorcio provincial de Incendios (financiado entre Deputación e Xunta). Para salvar as irregularidades por esa venda, denunciada pola Deputación da Coruña nos tribunais, agora falan de munipalizar o servizo para que se lle entregue a parcela ao Concello.

O goberno municipal, presidido polo alcalde Carlos Calvelo,  ten todo o dereito a crear un parque de bombeiros propio. O que non pode pretender o Concello de Arteixo é que o Consorcio provincial de Incendios lle entregue o actual parque comarcal, deixando sen instalación aos concellos de Culleredo, Cambre, Carral e Oleiros.

Tampouco se pode enmascarar a suposta ilegalidade cometida coa venda da parcela -que dilucidarán os xulgados- coa situación e os dereitos laborais dos bombeiros do Consorcio.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario