Propón activar o gabinete de tráfico para que participe a Policía Local
O Partido Popular solicita que se reactive o gabinete de tráfico da policía local que a alcaldesa de Lugo suprimiu en 2018 explicando que “hai axentes cualificados para participar neste órgano e que a recuperación desta mesa de traballo melloraría a mobilidade na cidade”.
O vicevoceiro popular explicou que “neste gabinete se redactaban e consensuaban os plans de tráfico, a revisión de sinalización, os fluxos de circulación en zonas de nova creación, e analise das repercusións e a posta en funcionamento de novas infraestructuras”.
Dende que a alcaldesa eliminou este gabinete as decisións adoptadas de forma unilateral sen consensuar coa policía local tivo consecuencias en diferentes ámbitos:
- Aparición de sinais engañosas que confunden aos condutores:
Sinais erróneas (Benigno Rivera) – sinazación confusas en incorporacións (zona Medusa e fonte dos Ranchos)
- Implantar elementos de prevención como os ollos de gato da Rúa Nova para garantir a seguridade dos peóns que logo se viron obrigados a retirar ou sistemas de circulación fracasados como os sinais precintados da turborrotonda do CEAO, que o goberno local implantou na intersección de Duquesa de Lugo con Benigno Rivera.
- Execución de infraestructuras como o carril bici cuxo deseño tamén afecta de forma negativa á circulación