O PP di que a regulación do tráfico e a mobilidade en Lugo “segue a ser unha asignatura pendente”

por Redacción Lugo

Propón activar o gabinete de tráfico para que participe a Policía Local

O Partido Popular solicita que se reactive o gabinete de tráfico da policía local que a alcaldesa de Lugo suprimiu en 2018 explicando que “hai axentes cualificados para participar neste órgano e que a recuperación desta mesa de traballo melloraría a mobilidade na cidade”.

O vicevoceiro popular explicou que “neste gabinete se redactaban e consensuaban os plans de tráfico, a revisión de sinalización, os fluxos de circulación en zonas de nova creación, e analise das repercusións e a posta en funcionamento de novas infraestructuras”.

Dende que a alcaldesa eliminou este gabinete as decisións adoptadas de forma unilateral sen consensuar coa policía local tivo consecuencias en diferentes ámbitos:

  1. Aparición de sinais engañosas que confunden aos condutores:

Sinais erróneas (Benigno Rivera) – sinazación confusas en incorporacións (zona Medusa e fonte dos Ranchos)

  1. Implantar elementos de prevención como os ollos de gato da Rúa Nova para garantir a seguridade dos peóns que logo se viron obrigados a retirar ou sistemas de circulación fracasados  como os sinais precintados da turborrotonda do CEAO, que o goberno local implantou na intersección de Duquesa de Lugo con Benigno Rivera.
  2. Execución de infraestructuras como o carril bici cuxo deseño tamén afecta de forma negativa á circulación

 width= width=  width=

Sala de Control de Tráfico

Outra cuestión que o Partido Popular quere que se revise é o funcionamento da Sala de Control de Tráfico que xestiona unha empresa privada.

O Partido Popular reclama que a xestión deste servizo sexa unha responsabilidade directa da policía local o que permitiría un tratamento directo da información e o control dos dispositivos.

Neste momento a Sala de Control de Tráfico non funciona ás noites,  nin as tardes dos sábados, nin domingos , nin festivos co que a policía non pode solucionar calquera incidencia que se rexistre (cambio de frecuencia semafórica; visualización dos cruces onde hai cámaras … etc).

No PP están preocupados xa que “pola mínima participación da policía no deseño dos plans de tráfico como por exemplo o das obras de peonalización do centro pode levarnos a vivir situacións complicadas dado que convivirán co comezo da actividade nos centros escolares e cos cortes de tráfico por mor das festas patronais”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario