O 14 de setembro xuntanza entre o Comité de Folga dos Bombeiros Comarcais de Galicia e as Administracións

por Redacción Galicia

Logo de que as Administracións convocadas (Xunta e Deputacións) manifestaran o pasado día 4 de setembro a súa imposibilidade de asistir á xuntanza convocada pola parte social para o día 5, todos os implicados veñen de acordar unha nova data para o encontro, que terá lugar o vindeiro xoves día 14 de setembro ás 10:00h da mañá, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais en Santiago de Compostela.

  • Antes, tanto o Comité de Folga como as Administracións implicadas, manterán encontros por separado para pulir o enfoque dos puntos contidos na orde día. Mentres a parte traballadora unificará criterios o venres desta semana, os responsables da prestación do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, terán unha xuntanza o vindeiro martes día 12.

CONTINUIDADE DA ACCIÓN SINDICAL

Se ben está prevista reunión entre as partes, tamén é certo que a presión exercida polos traballadores, fartos de promesas de fume nos últimos anos, leva a que o Comité de Folga manteña a liña de actuación sindical prevista nas diferentes follas de ruta que elaborou dito Comité e que se irán alternando conforme vaian variando os escenarios de negociación. A visión é común nas catro provincias que reclaman unhas mesmas condicións de traballo para os profesionais: non se levantarán as medidas de presión ata que se acade o acordo que satisfaga ao persoal.

E dende logo o estancamento non é unha postura que agrade ao colectivo de loita contra incendios, que demanda dende as súas bases unha intensificación as accións. De feito, a acción sindical continúa polo que, entre outras medidas, propuxéronse por parte do Comité de Folga dúas manifestacións de Bombeiros Comarcais de Galicia en Santiago de Compostela para os vindeiros días 15 e 16 de setembro, coincidindo coas reunións dos Ministros de Asuntos Económicos e Financeiros da UE na Cidade da Cultura

 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario