O Concello de Xinzo de Limia a través da Concellería de Igualdade ven de impulsar a Escola de Coeducación e Igualdade

por Redacción Ourense

Esta actuación realízase no marco do IV Plan de Igualdade de Oportunidades que contempla a corresponsabilidade como un dos principais eixos de actuación. A Escola está financiada pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia con fondos finalistas do Estado procedentes do Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.
Entre os obxectivos da Escola, que nace nun marco de colaboracións coas ANPAS de Xinzo de Limia como espazo de formación ás familias, están os de formar en materia de conciliación, despregar ferramentas destinadas a nais e os pais para abordar cos seus fillos e fillas temas que lles afectan ou preocupan, capacitar na prevención da violencia de xénero, impulsar ás ANPAS e recoñecer e combater os comportamentos sexistas para evitar a súa perpetuación.
Ademáis, dende a Escola, traballaranse especificamente as desigualdades de xénero e o sexismo no audiovisual e nas redes sociais, aprendizaxe en estratexias favorecedoras dos bos tratos e que nais e pais aprendan a identificar as condutas incorrectas dos fillos e fillas.
A Escola, pivotando no plan de formación en igualdade, corresponsabilidade e conciliación, realizará unha serie de actividades de acordo cos obxectivos do Plan Corresponsables.
As actividades formativas tratarán aspectos como as relacións afectivas saudables, o acoso, ciberacoso e uso sano, responsable e con perspectiva de xénero das tecnoloxías, a violencia e a discapacidade, a saúde mental, a información, prevención e detección precoz da violencia de xénero e da violencia sexual na mocidade, os estereotipos sexistas e a conciliación á corresponsabilidade.
Esta tarde, xoves día 7 de setembro ás 19h, celebrarase o primeiro obradoiro formativo, no Salón de Plenos do Concello.

 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario