Actividades deportivas para o alumnado de todos os centros de ensino de Oleiros

por Redacción Deportes

Dentro das numerosas actividades que o Concello de Oleiros organiza para os centros de ensino público, durante o vindeiro curso escolar os nenos e nenas do municipio practicarán escalada deportiva, surf, remo, kaiak de mar,  rugby, hóckey a patíns, parkour e zumba

Desta maneira compleméntase á propia asignatura de educación física, incluíndo unidades didácticas que polas súas características materiais e de infraestrutura non poderían realizarse nos centros.

Ademais de favorecer unha formación físico-deportiva máis completa, enriquecedora e diversificada, foméntase o coñecemento de actividades e instalacións municipais á súa disposición.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario