As Xuventudes Socialistas lanzaron a súa campaña “Revolta nas aulas” onde comparan as políticas do PP coa batería de medidas que os socialistas reclaman en todos os niveis educativos, acompañados da vicevoceira Parlamentaria, Begoña R. Rumbo.
A campaña desenvolverase durante o mes de setembro, onde percorrerán os centros educativos de Galicia facendo unha especial pausa á educación primaria e secundaria; educación universitaria e educación FP.
Primeiras matriculas gratuítas, financiación do material escolar, accesibilidade á conexión internet, técnicos laborais en cada centro de FP e a súa presencialidade…son algunhas das propostas que lanzan e que lle trasladarán estes días ao Grupo Parlamentario Socialista.
Xurxo Doval, secretario xeral da organización, recalcou que “imos afrontar o curso máis caro da historia e o PP segue estancado no ano 2010. É hora de debater novas propostas como a gratuidade das primeiras matrículas”
O líder socialista denunciou que “visto o visto, xa podemos adiantar un suspenso xeneralizado no curso do PP: suba do prezo dos comedores escolares, máis de 130 colexios pechados nos últimos 10 anos, desmantelamento da FP a través dunha teledocencia inxustificada, custe medio de 500 euros por fillo en material escolar…”
Begoña R. Rumbo, indicou que “o Grupo Parlamentario Socialista recollerá as reivindicacións de XSG, porque son as demandas da xuventude ao Goberno galego para que apoie dunha vez a educación”