O PP reclama unha xunta local de seguridade para deseñar planes específicos para barrios de Lugo con problemas de orden público

por Redacción Lugo

Os populares consideran que o compromiso do Concello nesta cuestión debe ser algo permanente lamentando que “os dispositivos de vixilancia e os reforzos que se prometeron en campaña electoral en barrios como o da Milagrosa fóran accións puntuais”

No PP, á vista dos altercados que se veñen rexistrando nas últimas semanas en Lugo, queren que  se convoque  unha xunta local de seguridade específica que aborde medidas que garantan a seguridade en diferentes zonas da cidade e que se coordinen os distintos copros de seguridade para que haxa maior presenza policial na rúa.

“Non se trata de montar dispositivos e reforzar a seguridade só durante o período electoral como fixo o bipartito. Hai que manter ese compromiso con Lugo de forma permanente.

O vicevoceiro popular razoaba “ao igual que se convoca a xunta local de seguridade para organizar o Caudal Fest, o San Froilán ou calquera outro evento que requira planes específicos  non entendemos porque non se traballa de forma estable cando falamos do día a día dos barrios”.

Os últimos altercados  e pelexas na rúa rexistrados foron na rúa Luis Pintor Seoane ou Amor Meilán onde debido  “ao peche provisional dalgún local conflictivo na zona da Milagrosa se trasladou esta problemática a outros puntos  do barrio e isto, xunto coas okupacións dalgúns inmobles, segue a provocar unha sensación de inseguridade entre a cidadanía do barrio”.

Enrique Rozas concluía “os concellos, como administracións máis próximas ao cidadán, debe liderar e dar respostas claras e contundentes ás accións que poñen en risco a convivencia” e nese senso presentamos esta petición.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario