O PP de Foz reclama a Cajoto que traballe de maneira conxunta sobre o futuro da Residencia de Maiores

por Redacción Lugo

«É necesario a creación dunha comisión na que, ademais dos grupos políticos, estean representados os familiares dos usuarios», indica o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira

O Partido Popular de Foz reclama a Cajoto que traballe de maneira conxunta sobre o futuro da Residencia de Maiores. “É necesaria a creación dunha comisión na que, ademais dos grupos políticos, estean representados os familiares dos usuarios”, indica o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira.

A fuxida cara adiante do señor alcalde de botarlle a culpa ao resto das administracións non lle funcionou e, agora, di que as taxas se poden sufragar con fondos municipais. Polo tanto, “parece que o alcalde recua pero o fai con improvisación e ás costas de todos, incluídos os usuarios”, lamenta Jorge Castiñeira.

“Traballemos en base á posibilidade de que as taxas se podan sufragar con fondos municipais, hai que traballar cos propios afectados, hai que explicarlles quenes van a ser os que podan ser beneficiarios desas axudas de emerxencia e no caso de non poder optar a esas axudas hai que buscar a redución das tarifas por outro lado. Pero isto non se pode facer de forma unilateral como está a facer o señor alcalde e a golpe de nota de prensa, isto tense que facer creando unha comisión na que estean representados os usuarios e a corporación municipal”, continúa o voceiro do PP de Foz.

“Cajoto, co seu individualismo, ademais de deixar de lado aos afectados, ningunea á súa concelleira de Asuntos Sociais que non aparece para nada e anula aos seus socios nacionalistas que so están para levantar a man nos plenos”, sinala o popular, Jorge Castiñeira. Polo tanto, o Partido Popular de Foz pide menos improvisación, mostra unha vez máis a súa axuda ao equipo de goberno e entende que se hai que utilizar fondos municipais para este servizo é unha cuestión totalmente prioritaria.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario