5 galegos viaxan a Belgrado para desputar o Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas

por Redacción Deportes

Galicia contará con unha representación de 5 membros no equipo nacional absoluto, que participarán no Campioanto do Mundo sénior que terá lugar en Belgrado (SRB) do 15 ó 25 de Setembro

Esta importante cita internacional, será o primerio torneo de clasificación para os XXOO de París 2024, contando coa representación Galega de:

– Lydia Pérez Touriño (Club de Loita Pontevedra) -62kg.

– Nerea Pampín Blanco (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces) -68kg.

– Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) -125kg.

– Rubén Méndez Lois: Técnico nacional.

– Pablo Pintos Figueroa: Técnico nacional.

As deportistas Lydia Pérez e Nerea Pampín, están becadas no CGTD de Pontevedra, mentres que Jose Cuba adestra no seu Club de orixe en Vilalba. Todos eles, levan unha tempada moi densa de competicións, para chegar coa mellor preparación posible a este evento mundial.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario