- Os populares cren que a celebración do día sen coches que se vén de anunciar por parte do bipartito “é un paripé de cara á galería” e esixen actuacións serias e planificadas para facer de Lugo unha cidade sostible e accesible xa que “o 22 pasará como sempre, coma se se tratase dun día calquera e ao día seguinte os lucenses seguirán cos mesmos problemas de mobilidade
- Os populares piden que se actualice o plan de mobilidade e deixar de planificar intervencións urbanas que minorizan o espazo para estacionamento de vehículos”
- Tamén cuestionaron infraestruturas como o carril bici que non incrementou o número de ciclistas ou a reforma dos autobuses urbanos que vai camiño de dous anos e non cumpriu o obxectivo de incrementar o número de usuarios”
10 desafíos para conseguir unha mobilidade sostible
Solucións de novas infraestruturas
- Habilitar máis parkings disuasorios no centro e barrios tanto en terreos municipais como a través de convenios con propietarios de solares sen uso. Trataríase dunha cesión temporal e o concello asumiría a limpeza e o mantemento
- Deseño de aparcamentos en altura en puntos axeitados da trama urbana
- Recuperar ou rendabilizar o contrato asinado con Red.es para poñer en funcionamento o sistema SMARTCITY de xestión intelixente do aparcamento
Transporte público
- Redeseño de rutas de autobuses para mellorar os traxectos e integración das liñas de bus en Google Maps para ver as liñas en tempo real
- Gratuidade dos autobuses urbanos para distintos perfís
- Posta en marcha dun servizo de taxi a demanda para reforzar a cobertura da zona rural
Xestion da mobilidade
- Implantar un sistema de rotación de vehículos en zonas con dificultades de aparcamento
- Bonificación do aparcamento nos parkings do casco histórico ou das inmediacións do recinto histórico para apoiar ao comercio local
- Redeseñar e mellorar as zonas de carga e descarga.
- Poñer en marcha solucións eficientes para a distribución no casco histórico e outras zonas peonís do municipio como podería ser o uso de carretillas ou vehículos eléctricos así como a creación de puntos de recarga.
Con respecto á organización os populares insisten en reclamar que a policía local participe no deseño os planes de tráfico, algo que debería ser o normal pero que en Lugo como hai dous gobernos diferentes que actúan de forma independente non se produce esta cooperación así como a municipalización da sala de control de tráfico; apertura de Parque Infantil de Tráfico para organizar actividades divulgativas de educación vial.
Foto portada. Carril Bici Ronda do Carme