Función inaugural de Camiño Escena Norte 2023

por Redacción Galicia
Salón Teatro acolleu na tarde deste domingo, 17 de setembro, a función inaugural de Camiño Escena Norte 2023, o proxecto de intercambio de artes escénicas entre compañías de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. 

 A compañía vasca Eva Guerrero presentou Gorpuztu, un espectáculo de danza contemporánea con música ao vivo que nace dunha investigación sobre o uso do corpo en determinados momentos do rezo en diferentes relixións, pasando por conceptos como culpa, penitencia, transcendencia, amor ou submisión.
 width=Logo do seu paso por Santiago de Compostela, Camiño Escena Norte visitará outras dez localidades galegas antes de pechar, o 22 de outubro, a súa programación oficial na Cidade da Cultura. Ames, Arzúa, Carballo, Lugo, Melide, Mondoñedo, Portomarín, Ribadeo, Vimianzo e Viveiro acollerán novas funcións, nas fins de semana de compañías procedentes de Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. Á vez, as compañías galegas Caramu
 width=
Fotografías. © Miguel Lamas 
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario