Inauguración da exposición “REESCRITA” de Xavi Cremades Buxán no Mesón do Forno de Lugo

O luns día 20 de xaneiro, ás 19h, inaugúrase no Mesón do Forno unha nova exposición “REESCRITA”. O artista galego, Xavi Cremades Buxán, nado en Mera (A Coruña), estará para presentar a mostra. “Nestas obras exploro a escritura auto-xenerativa que deriva na expresión abstracta dun sentir, onde os grafos se resignifican diante dos meus ollos e dos alleos”.

A práctica artística de Xavi Cremades Buxán que atopamos nesta exposición xorde dun uso do deseño como contención da psicose. Durante os seus estudos en filosofía, Xavi foi diagnosticado con esquizofrenia, o que cortou a súa formación universitaria. Dende entón practica “unha catálise artística para o relaxamento do malestar psíquico”.

Só durante a inauguración, o artista ensinará os seus cadernos persoais que utiliza a diario como extensión propia de si mesmo. Acompañarao a ambientación sonora de Willy the squid! Willy é unhe artista sonore xorde, o que e fai enfatizar na variedade de ritmos. Xerando así o seu estilo ecléctico e procurando un equilibrio entre o UK garage, o breakbeat, o ghettotech e outros estilos asociados.

Agardámosvos a partir das 19h no Mesón do Forno, casa de artes e comidas dende 1986. Rúa Río Ser nº12, Lugo.

Para máis información sobre o Mesón do Forno instagram: @mesondoforno antiacarreirav@gmail.com +34698149865

Comparte éste artículo
No hay comentarios