Ecoloxistas en Acción organiza, este sabado 23, unha ecomostra para amosar distintas problemáticas ambientais de Galicia. A Ecomostra terá lugar no espazo peonil da Porta do Sol ao aire libre e acceso libre.
Calidade do aire, Biodiversidade, Humidais para a Vida, Reciclaxe metais ou Cigoñas brancas son algunhas das temáticas das exposicións que a organización ecoloxista amosará nesta Ecomostra. Ademais haberá 4 mesas con libros, folletos e informes sobre problemáticas ambientais.
Tamén haberá un programa de palestras no Recuncho faladoiro, que abrangueran todo o día:
- 12-12:45h palestra sobre a Calidade do aire en Vigo (Ana Díaz, biologa e activista de Ecoloxistas en Acción)
- 18 – 18:45h palestra sobre a Situación do Rural Vigo (Ana Pascual, voceira de Avibe, biologa e activista de Ecoloxistas en Acción)
- 19 – 19:45h palestra sobre Os impactos da minaría e a necesidade de reciclar os metais (Xoán Evans coordinador da área de minaría de Ecoloxistas en Acción)
- 20 – 21h palestra sobre O valor ecosistémico das zonas húmidas (Roberto Vilela, coordinador da campaña Humidais para a Vida e activista de Ecoloxistas en Acción).