O deputado do BNG pregunta polo custo do dispositivo de seguranza e afirma que “está claro que se pretende dar carta de normalidade ás viaxes do emérito a forza de estabelecer un costume”
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha iniciativa parlamentar para exixirlle ao Goberno español unha posición oficial polas “xa habituais viaxes de Juan Carlos de Borbón a Sanxenxo que son unha burla á xente.”
“Vai xustificarse de novo baixo o argumento de “visitas privadas”? Non cre que estas viaxes resultan vergoñentas, para alén de seren cada vez máis asiduas e en intervalos de tempo máis curtos? Cre que se xustifican?”, son algunhas das cuestións que formula ao Executivo español.
O deputado do BNG quer saber que tipo de dispositivo de seguranza se vai levar a cabo durante esta semana de estancia do Borbón na vila, e cal vai ser o custo para as arcas públicas. “Estase a colaborar cos estas viaxes con diñeiro público”, sinala.
O BNG censura os privilexios a un ex Xefe de Estado fuxido que defraudou a Facenda
Rego critica esta nova visita do Borbón e afirma que “comezan a ser habituais as viaxes a Sanxenxo. Está claro que se pretende dar carta de normalidade a forza de estabelecer un costume. Pode parecer que se se fai costume deixará de ser algo anormal e será asumido como parte da vida cotiá até que nos esquezamos de que cometeu, cando menos, 5 delitos fiscais”.
Deixa claro o parlamentar nacionalista a posición crítica do BNG coa institución monárquica, “non acreditamos en reis e raíñas que herdan privilexios por nascimento. É claro que nunha verdadeira democracia a Xefatura do Estado debe ser elixida pola cidadanía e non herdada e vitalicia”.
O BNG censura as viaxes do Borbón a Sanxenxo que se “queren vender como exclusivas do seu ámbito privado. Teñen unha trascendencia política e unhas implicacións económicas porque o Estado se fai cargo da seguranza”. Sostén Néstor Rego que Juan Carlos “non debe ter un trato preferente nin privilexios, defraudou a Facenda e fuxiu aos Emiratos Árabes”.
Reclama Rego ao Goberno que “se pronuncie de forma oficial sobre o que é unha burla á xente que observa como se lle otorga un trato privilexiado a un ex Xefe de Estado corrupto, con delitos fiscais, entre outros”.
Néstor Rego insta ao Executivo español a acabar con esta situación e a habilitar os mecanismos precisos que faciliten a investigación dos delitos cos que se lle relaciona ao Borbón.
Al Alcalde del pueblo le encanta!.Como reclamo turístico parece funcionar bien porque los precios allí cada día son mayores y desde que compraron el velero de competición el Club está petado de gente siempre.
No fué el rey Juan Carlos un caso único en nuestra historia y aunque Néstor Rego estuvo allí para manifestar su repulsa ,con solamente otros 4(para la fotografía) , los de la competencia siempre aparecen y son muchos más.
No sé quien paga estas cosas , ni de dónde sale el dinero para unos ni para los otros pero el sitio se está acercando a los precios de Puerto Banús y de toda la zona de Marbella sin que aparezca por aquí un fenómeno como Gil para relanzar la zona.
Recuerde que el Profesor Gay de Liébana decia que «vivimos en un pais de chorizos» asi que por ser chorizo no se
suele condenar a nadie y cuando se condena a uno ,desaparecen de su entorno ,cual hormigas los demás ( Revise los casos desde FILESA hasta ahora y verá la colección pero tal vez lo más gordo con la destrucción del INI español y todas las Empresas de todo tipo Navieras,Metalúrgicas ,etc… fué previo y los beneficiados todavía no se conocen y fueron muchos más).
Lo de los dispositivos de seguridad en los tiempos que corren ,de momento no son necesarios para ninguno de Vdes.
No está mal que vayan entrenando ese tipo de dispositivos, porque en algunos Paises no muy alejados hacen falta y aquí como se sigan distanciándo de la gente ,además de la abstención en las elecciones podrían necesitar cierta protección.
Se lee tanto de los delitos del Borbón y de sus historias que se hace rutinario el asunto pero no despierta en la zona de Sanxenxo alarma social alguna entre sus vecinos cuando viene.
Asusta más ver jabalíes por la Coruña en los parques de madrugada ,pero nadie los caza!.