Sen avances nas negociacións do conflicto dos bombeiros comarcais

por Redacción Galicia

O Comité de Folga dos Bombeiros Comarcais de Galicia veñen de celebrar no día de hoxe unha reunión no Consello Galego de Relacións Laborais coas 4 Deputacións Provinciais e a Xunta de Galicia

Despois da primeira reunión celebrada o 14 de setembro, hoxe, dia 25 de setembro, volveron a reunirse as partes para seguir avanzando nas negociacións do Convenio Colectivo.

Contra todo o esperado esta reunión non serviu para case nada. Volvemos o punto de partida tendo que volver a tratar e confirmar os puntos claves e o marco de entendemento xa recoñecido fai 11 días.

Dende a parte traballadora expúxoselle ós representantes das catro Deputacións Provinciais e da Xunta de Galicia que a velocidade que están a levar estas reunións e negociacións non son as axeitadas se o que se persegue e solucionar o problema e normalizar o Servizo.

Entendemos que están a dilatarse os tempos mais do necesario, chegando ás reunións para confirmar o xa acordado, sen posibilidades de avance.

Despois desta reunión o único que se saca en claro é a data da seguinte reunión que queda fixada para o vindeiro 09/10/2023.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario